Preparo unha sobremesa coa axuda dun adulto.

Como sabedes, estamos co tema da alimentación. Gustaríanos que na casa os nenos participasen na elaboración ou axuda dun prato sinxelo. O ideal, sería facelo na clase, pero ao ser tantos e o espazo mínimo e o cortar con coitelo, dános un pouco de respecto. Aí vai unha mostra para que libremente poidades facer con eles. Podedes invitarnos!
                             Pica na imaxe para vela mellor.